Chus Pato (Ourense, 1955) é cualificada como unha das figuras máis relevantes da poesía galega na actualidade. É integrante da Real Academia Galega (RAG) desde o 23 de setembro de 2017 mais na actualidade é a sexta muller que forma parte da institución. Actualmente exerce como profesora de Xeografía e Historia no ensino secundario, ao mesmo tempo que compaxina a docencia coa escrita.
Os
seus primeiros poemas apareceron na revista Escrita
(1984) e desde aquela realizou colaboracións en numerosas publicacións de coñecidas
revistas como Luzes de Galiza, Festa da
Palabra Silenciada ou A Trabe de
Ouro, entre outras. Colaborou en libros colectivos como Sete poetas ourensáns e, na actualidade,
tamén é partícipe habitual de recitais, mesas redondas e conferencias. É autora
de dez poemarios publicados entre 1991 e 2013, polos que recibiu varios
premios, entre eles o Premio Nacional da Crítica Española na modalidade de
poesía galega.
A súa
obra foi obxecto de análise en moitas ocasións, mais se facemos unha revisión da
mesma diremos que a súa obra poética se aproxima á modernidade utilizando os
trazos máis persoais que Chus Pato lle conseguiu aportar.
A súa autenticidade distingue a obra desta autora do resto dos seus contemporáneos, xa que a linguaxe, o compromiso e as súas
preferencias son inconfundibles para os lectores. A complexidade que
envolve a obra está chea de imaxes, escenarios e pegadas intelectuais que se
afastan de todo o que é considerado tradicional para tratar de buscar novos
camiños para a expresión desta autora dos noventa. Aparecen unha multiplicidade
de voces e formas no discurso, o que nos leva a pensar noutra característica
como é a transgresión que tivo a súa obra, que foxe de formalismos mais que é
unha obra crítica co seu tempo, isto é, coa contemporaneidade. Para iso, a
autora construiu un proxecto poético no que reflectiu os seus pensamentos máis
profundos sobre as identidades individuais, de xénero, nacionais e históricas
que vincula coa escritura. A linguaxe ten unha relevancia especial, xa que
trata de representar a sociedade contemporánea a través das súas palabras e
reflexións críticas. A multiplicidade de voces constitúe a polifonía dos seus
poemas, incluíndo a súa propia voz xunto con moitas outras personaxes reais e ficticias.
Chus Pato utiliza a prosa poética nos seus libros mais a súa obra é
especialmente canonizada debido ás traducións e adaptacións a outras linguas como o español
mais tamén ao inglés, onde sobresaen as traducións realizadas pola poeta
canadiense Erín Moure. Por último, esta autora é considerada unha voz poética internacional debido á repercusión que os seus poemas tiveron non só en Galiza, se non tamén no resto do mundo.
Sem comentários:
Enviar um comentário